Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Vieiros 1 de abril

RSS de Vieiros 1 de abril
Así son as cousas, así llas contamos

Vieiros 1 de abril: cando os burros van onde non deben ir

As informacións que poderían ser, as que non son, as que probablemente non serán.

Redacción - 00:00 01/04/2007
Tags:

"O 1 de abril van os burros onde non deben de ir". Así di o refrán galego. Na súa Historia de Galiza, Otero Pedraio tamén recoñece o primeiro de abril como o día das trampas de broma, unha tradición que aínda lembran algúns vellos galegos e que coincide en data coa xornada dos inocentes da cultura anglosaxona (April Fool´s Day) e da francesa (Poisson d´avril). Tamén na illa balear de Menorca, onde lle chaman o Día d'Enganar.

Antes de que o monarca Carlos IX introducira en Francia o novo calendario os festexos polo Ano Novo comezaban o 25 de marzo e o Aninovo era precisamente o 1 de abril. No momento en que se cambiaron os calendarios e debido á lentitude informativa daquel entón foron moitos os enganados que seguiron a celebrar o 1 de abril e non o 1 de xaneiro. A tradición menorquina, que aínda se mantén, chegou á illa precisamente durante a dominación británica sobre a mesma, no século XVIII. Así o primeiro de abril deu antigamente na celebración do Día dos Enganos en Galiza. No país os vellos aínda lembran aquilo de "o un de abril van os burros onde non deben de ir".


4,36/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: