Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Nacho Mirás conta o conflito entre galego e castelán

Cando a división lingüística chega nunha xunta de veciños

Cando chegou o momento de decidir en que idioma se tiñan que redactar as actas, xurdiu a división.

Redacción - 13:15 22/03/2007

Nacho Mirás explica no seu blog Rabudo como sufriu en primeira persoa as disputas lingüísticas tan habituais no noso país. Aconteceu na segunda xuntanza da comunidade de veciños da que forma parte.

Contra o previsíbel, os temas presuntamente máis conflitivos, como as normas de convivencia e todo tipo de gastos que se teñen que someter a votación, case non tiveron discusión. Pero, cando chegou o momento de decidir se as actas se redactaban en galego ou en castelán, estoupou a guerra.

Formáronse tres faccións: os que, indignados, pedían o texto en castelán; os que preferían que se usasen as dúas linguas, e os que consideraban que o normal era empregar o noso idioma, entre os que se atopaba o propio Mirás. Despois de moita discusión, decidiuse someter o punto a votación. Os resultados amosaron a división da veciñanza: 14 apoiaron o galego fronte a 13 que defenderon o castelán.

Mirás coida que o lóxico é empregar a lingua da terra, comprensíbel por todos, e lembra que en Cataluña, onde viviu, a ninguén se lle ocorrería sequera discutir o asunto. E todo isto, a pesar de que o seu blog está en castelán, porque vai dirixido a xente que non ten nada que ver con Galiza, explica.


Ligazóns

4.89/5 (27 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: