Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
EN RELACIÓN AOS SUCESOS DE MARZO DE 1976 EN VITORIA

Fraga podería ser chamado a declarar polo Parlamento Vasco

Hoxe foi aprobada polo Parlamento Vasco a creación dunha comisión que investigará os sucesos que o 3 de Marzo de 1976 causaron a morte en Vitoria-Gasteiz de 5 traballadores e múltiples feridos a mans da policía.

- 22:13 23/02/2007
Tags:

Aínda que se admite que a investigación non tería consecuencias penais habida conta da Lei de Amnistía aporbada na Transición, esta comisión ten o obxectivo de aclarar responsabilidades políticas e procurar reparación para as vítimas. A asociación de vítimas daqueles sucesos amosou a súa satisfacción por este paso cara ao seu recoñecemento histórico tras longos anos de reclamacións.

Os sucesos que 31 anos despois van ser oficialmente investigados, tiveron lugar aquel 3 de Marzo tras unha tensa xornada de folga que rematou coa intervención con armas de fogo da policía contra os traballadores reunidos en asemblea na ingrexa de San Francisco, en Vitoria-Gasteiz.

O ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga, podería ser chamado a declarar diante desta comisión en calidade de máximo responsable daquela actuación policial como Ministro de Gobernación. A comisión parlamentar vasca, aprobada cos únicos votos en contra de PP e PSOE, ha tomar como punto de partida do seu labor un traballo de investigación histórica realizado en 2004 por un instituto dependiente da Universidade Pública Vasca.


4,51/5 (43 votos)