Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PROXECTO DE LEI DE IMPULSO DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

As novas tecnoloxías xa libran batallas a prol dos dereitos civís

Hoxe en día falar das innovacións tecnolóxicas non é falar de futuro, é falar de presente, máis ben dun presente que pasa moi rápido. En definitiva o futuro esta aquí, chegou, e as novas tecnoloxías renóvanse e quedan obsoletas en pouco tempo, esta vertixe de acontecementos somete a un constante proceso de cambio o xeito de relacionárense os seres humanos e esta é a verdadeira revolución. Artigo de Pedro Martínez, tenente fiscal de Madrid, na web da Asociación de Internautas.

- 13:18 12/02/2007
Tags:

Os Poderes temen o que lles vén enriba, abonden dous exemplos en 2002, por primeira vez convócase a través de internet unha manifestación a nivel universal contra a guerra de Iraq, e internet demostrou que pode desafiar o amo do mundo e que ten un poder de mobilización moi superior ao dos medios convencionais.

Hai pouco en Europa convocáronse cinco minutos sen luz, para protestar polo cambio climático, ao que se sumaron incluso os gobernos, pero a idea non saíu de ningún deles, nin dos partidos políticos, nin dos sindicatos, nin de ningún outro centro de decisión convencional. Esa é a novidade, e o verdadeiramente terríbel, é que foron cidadáns normais os que o fixeron. Foron internautas, nova categoría de loitadores polos dereitos civís, que descontentos coa xestión que se está facendo dos intereses colectivos, piden máis participación, conscientes de que as novas tecnoloxías posibilitan iso, e estanas usando.

(...)

Poden ler o artigo completo na web da Asociación de Internautas.


0/5 (0 votos)