Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OUTEIRO DE REI, A SÚA VILA NATAL, HOMENAXEA ESTE VENRES O ESCRITOR

Alvarellos reedita a Manuel María no segundo aniversario da súa morte

A Editorial Alvarellos escolleu este venres 8 de setembro, segundo aniversario da morte de Manuel María, para anunciar a reedición da obra do poeta galego "Catavento de neutrós domesticados". Será a próxima semana cando poñan a venda a reedición do poemario que inaugurou o catálogo desta empresa en febreiro do ano 1979. A reedición mantén a portada orixinal de 1979 coas ilustracións de Xohán Clodio e inclúe un amplo e documentado estudo realizado polo profesor e escritor Camilo Gómez Torres. Este venres, a súa vila natal, Outeiro de Rei, renderalle homenaxe a Manuel María cun prego no cemiterio do concello.

- 09:47 08/09/2006
Tags:

"Un intento de facer, con elementos surrealistas, unha poetización desta sociedade de consumo na que vivimos". Así definía Manuel María o seu poemario "Cataveno de neutrós domesticados". A obra que agora reedita Alvarellos inaugurou o catálogo da editorial en febreiro do 1979. Os propios editores aseguran que o libro "destila altas doses de inconformismo, intranquilidade e caos" e transcorre "entre o íntimo e o social".

A reedición mantén a portada orixinal de 1979 coas ilustración de Xohán Clodio e se completa cun amplo e documentado estudio a caro do profesor e escritor Camilo Gómez Torres.

Será a finais de setembro cando se presente publicamente o libro en Lugo. Ao acto asistirá a viúva do escritor Saleta Goi e servirá para comezar a celebración dos trinta anos de existencia da editorial.

Homenaxe en Outeiro de Rei
A vila natal de Manuel María, Outeiro de Rei, será o escenario na tarde do mércores dunha homenaxe ao poeta galego co gallo do segundo cabodano. Será a partir das cinco ca tarde cun prego no cemiterio do concello. Deste xeito, os amigos de Manuel María reuniranse para honrar a memoria do autor baixo o lema "Memoria da Chaira enteira". A Fundación Manuel María da Terra Chá e a asociación cultural Xermolos convocaron os convocados do escritor a acudir cunha rosa ao cemiterio da localidade chairega.

Ás cinco da tarde, terá lugar un acto cívico-relixioso que consistirá na lectura da pregaria "Na campa de Santa Sabel" a cargo de Mini e Mero, membros do grupo A Quenlla.


0/5 (0 votos)