Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INAUGURACIÓN

Ribadeo presenta un novo centro cultural: A Casa das Letras

O concello de Ribadeo inaugura o xoves 21 un novo centro de actividades culturais que leva por nome A Casa das Letras. Con este novo centro, de iniciativa privada pero de carácter público e aberto o concello ten a intención de difundir a obra de autores nacidos na vila ou vencellados a ela. A apertura deste centro forma parte do proxecto financeiro Leader e por iso as instalacións se destinarán á celebración de presentacións, exposicións, seminarios, tertulias, etc. Co tempo, estas actividades estenderanse tamén ao eido de Castropol e dos demais concellos da ría do Eo.

- 08:03 21/07/2005
Tags:


0/5 (0 votos)