Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
O VOTO DA EMIGRACIÓN DECIDE OS RESULTADOS DAS ELECCIÓNS GALEGAS DO 19 DE XUÑO

Venezuelanos, arxentinos, uruguaios e brasileiros decidirán quen é o próximo presidente de Galiza

30.043 galegos e galegas teñen dereito a voto en Venezuela para as eleccións galegas do 19 de xuño e decidirán, dacordo cos resultados do 19 de xuño, quen será o proximo presidente xunto ao voto dos outros 305.218 emigrantes galegos polo mundo.

- 10:06 20/06/2005
Tags:

Arxentina é o país con maior número de votantes con 100.857, Suíza o segundo con 33.020 e Venezuela o terceiro con 30.043 votantes.

O total de residentes no exterior con dereito a voto de orixe galega elevase a 305.218.

Pero Venezuela non é o único país cunha cantidade significativa e importante de votos. A República Oriental do Uruguai con 27.618 votantes é o cuarto país. A República Federativa do Brasil con 25.329 é o quinto e Franza con 16.769 é o sexto.

Neste CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes) están nada máis que aqueles cidadáns inscritos antes do 31 de marzo de 2005 que votan desde o estranxeiro ao estar inscritos nos consulados españois como residentes naqueles países.

Dos 2.616.956 eleitores que poden exercer o seu voto en Galiza, os 30.043 residentes en Venezuela representan o 11,6% segundo un informe do Instituto Nacional de Estatística español (INE).

A circunscrición electoral de A Coruña na que se escollen 24 dos 75 deputados do Parlamento é a que conta cun maior número de electores tanto en Galiza, 949.456 como no estranxeiro con 109.872.

Pontevedra con 22 deputados e 766.918 votantes ten 89.213 no CERA, e esta provincia representa gañar ou perder as eleccións galegas para o PSdG-BNG ou para o Partido Popular

Ourense, na que se escollen 14 deputados, é a que conta con menos votantes con 287.052, porén, o voto da emigración é importantísimo nesta província pois representa o 23% do mesmo con 67.766 sendo Arxentina con 17.459, Venezuela con 9.358 e Suíza 8.014 os lugares con maior número de ourensanos e ourensanas.

Lugo con 15 deputados e 308.309 votantes ten 38.357 votantes no CERA, sendo a província con menor número de votantes no estranxeiro.

O INE sinala que só 54 das 315 concellos galegos, o 17 por cento, conta con máis de 10.000 eleitores, incluídos os residentes no estranxeiro, aínda que estes concellos soman máis de 1.645.000 votos, é dicer, o 62% dos votantes.

A Coruña ten mais de 22 concellos, dos 94 da província, con máis de 10.000 electores que suman o 66% do censo, 700.267.

Pontevedra conta co electorado máis urbano, pois dos 62 concellos que ten, 22 teñen máis de 10.000 votantes, sumando 658.051 electores, é dicer o 76% do censo.

Lugo só conta con seis concellos con máis de 10.000 habitantes, sendo o 42% do electorado (149.052) e Ourense con catro concellos que representan o 35% do censo, é dicer, 138.166 electores.

No extranxeiro viven con dereito a voto 109.872 coruñeses, 89.293 pontevedreses, 67.776 ourensáns e 38.357 lucenses.

Aparecen no censo cun votante por Pontevedra países como: Vietnam, Qatar, Laos, Libano, Malta, Antiga e Barbuda, Arabia Saudí, Bahrein, Eslovaquia, Burundi, Kenia, Libia, Mauritania, Irán, New Zeland, Kazakhistán e Camboxa.

Aparecen no censo cun votante por A Coruña: Moldavia, Lituania, Eslovenia, Camerún, Ghana, Madagascar, Mauricio, Ruanda, Togo, Zimbabwe, Belize, Haiti, Omán, e Kazakhistán.

Aparecen no censo cun votante por Ourense: Lichtenstein, Polonia, Chequia, Eslovenia, Angola, Burundi, Camerún, Mozambique, República Democrática do Congo, Arabia Saudí, Emiratos Árabes Unidos, Kuwait e Turquía.

Aparecen no censo con un votante por Lugo: Bulgaria, Hungría, Rusia, Serbia e Montenegro, Libia, Malawi, Namibia, Túnez, Bahamas, El Salvador, Irán, Libano, Pakistán e New Zeland.

Outros países con grande número de galegos e galegas son: Estados Unidos con 8.748. México con 8.003. Cuba con 7.366. Alemaña con 14.262. Reino Unido con 10.550. Andorra con 2.546. Portugal con 2.787. Australia con 1.174. Panamá con 1.650, China con 25, Xapón con 55, Holanda con 2.685 e Canadá con 1.507.

En Islandia hai 3 lucenses e dus ourensÁns e no Vaticano non aparecen galegos ou galegas con dereito a voto.

Xurxo Martínez Crespo


0/5 (0 votos)