Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMPAÑA DA REDE ''ALCALDES POLA PAZ''

Annan apoia a proposta para un mundo sen armas nucleares en 2020

Máis de setecentas cidades en todo o planeta apoian a campaña promovida a través das Nacións Unidas polos alcaldes das cidades xaponesas que sufriron o ataque atómico durante a 2ª Guerra Mundial, Hiroshima e Nagasaki, que pide a abolición total das armas nucleares e fixa unha data límite para ese obxectivo: antes do ano 2020. Ao tempo, deu comezo esta semana na sede do organismo internacional a conferencia para a revisión do Tratado de Non Proliferación Nuclear.

- 08:27 04/05/2005
Tags:

"Hai que deixar de lado a retórica para avanzar cara un mundo sen armas nucleares", afirmou en Nova York o secretario xeral das Nacións Unidas, quen opinou que o Tratado de Non Proliferación está "obsoleto" e pediu consenso para revisalo e reforzalo. Os lentos procesos de desarme e, pola contra, as inciativas de rearme cara armas cada vez máis perfeccionadas e perigosas estiveron no fondo do discurso de Kofi Annan, que non quere que o debate se centre única e exclusivamente nos conflitos actuais con Corea do Norte e Irán, obxetivo dos EEUU. Así, o líder da ONU quere que as potencias atómicas asuman novos compromisos cara a fin deste tipo de armamento.

"Imaxinen por uns minutos o que acontecería: centos de milleiros de persoas mortas nun intre e moitas máis afectadas e condeadas a morrer en pouco tempo pola radiación", advertiu Annan. "Debemos camiñar cara a meta dun mundo máis libre, máis xusto e máis seguro", pediu.


Ligazóns

0/5 (0 votos)