Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AXUDA CON CRITERIOS HUMANITARIOS, NON POLÍTICOS

As ONG reclaman un control rigoroso da política de exportación de armas

Durante o acto de presentación do anuario da Escola de Cultura de Pau Alerta 2004! Informe sobre conflitos, dereitos humanos e construcción de paz, presentado hoxe en Madrid, Amnistía Internacional, Greenpeace, Intermón Oxfam e Médicos sen Fronteiras pedíronlle ao novo Goberno un cambio radical na política de transferencia de armas, baseándose en que "a actual ausencia de controis estritos e eficaces do comercio internacional ten consecuencias nefastas na vida de millóns de persoas, porque contribúe á expansión da violencia armada, ás violacións dos dereitos humanos e á perpetuación da pobreza, diminuíndo as posibilidades de desenvolvemento".

- 17:06 28/04/2004
Tags:

As organizacións consideran o Goberno debe reforzar os mecanismos nacionais e internacionais de control de transferencias de armamento e comprometerse a cumprilos estritamente, en especial, o Código de Conduta da Unión Europea.

Este código establece que, antes de aprobar e autorizar vendas de armas, hai que comprobar o cumprimento dunha serie de criterios, coma a posible existencia de sancións internacionais, o respecto dos dereitos humanos, a existencia de tensións ou conflitos armados, a probabilidade de que a venda se desvíe ou se reexporte, etc.

Nos últimos anos, as organizacións denunciaron moitas vendas de armas españolas a países que violaban estes criterios, como Angola, India, Israel ou Ghana.

Para Vicenç Fisas, Director da Escola de Cultura de Pau, "coñecer mellor a situación do mundo permite mellorar as políticas de prevención de conflitos e as estratexias de cooperación ao desenvolvemento, pero para previr os conflitos armados e mellorar a situación humanitaria tamén cómpre un control rigoroso da política de exportación de armas."

O estudo Alerta 2004!, elaborado pola Escola de Cultura de Pau da Universidade Autónoma de Barcelona, presenta un diagnóstico sobre o estado no mundo que "ofrece datos datos útiles que deben guiar la política española sobre transferencia de armas:

• Ao rematar o ano existían 23 conflitos armados, case a metade en África. Deles, só 5 melloraron a súa situación respecto ao 2002.
• Hai que engadir 52 situacións de tensión, sobre todo por motivos de fraxilidade democrática e debilidade institucional.
• Contabilizáronse 37 crisis humanitarias. A axuda dos países doadores non é abonda e está moi politizada. Iraq concentrou o 64% dos fondos mundiais.
• Hai 19 países sometidos a embargos de armas. Noutros 22 países, o gasto militar é superior ao de sanidade e educación.
• Segundo o Banco Mundial, hai 23 países con mala gobernabilidade.
• A situación mundial dos dereitos humanos deteriorouse gravemente por culpa das lexislaciones antiterroristas adoptadas despois do 11 de setembro.
• Os países que máis se opuñeron a cuestións de desarmamento na Asemblea Xeral da ONU foron os Estados Unidos e Israel".

A Escola Cultura de Pau e as organizacións que respaldan este informe solicítanlle ao novo goberno:

• Un verdadeiro compromiso coas normas e principios do dereito internacional e de dereitos humanos no ámbito das trasferencias de armas, así como o crumprimento estrito dos criterios do Código de Conduta da Unión Europea.
• O desenvolvemento da lexislación española relativa ás transferencias de armas, para garantir a máxima transparencia e control das exportacións españolas de armas.
• O apoio a iniciativas internacionais que impulsen a adopción dunha normativa internacional que regule o comercio de armas.
• A volta aos principios da desmilitarización, promoción dos dereitos humanos, denuncia da inxusticia social e desenvolvemento sostible na política exterior.
• Un compromiso cos principios do dereito internacional e a definición da axuda humanitaria en función das necesidades da poboación e non da axenda política.
• Un apoio decidido ás diplomacias de paz.

As ONG consideran que "un compromiso firme con estes elementos contribuiría a desactivar as dinámicas de destrución que existen no planeta".


Ligazóns

0/5 (0 votos)