O aeroporto de París chámase Charles De Gaulle, o de Roma, Leonardo Da Vinci, o de Río, António Carlos Jobim, e o da capital galega, debería chamarse Castelao. Isto é o que pensa Galicia Espallada, unha web mantida por emigrantes galegos en Arxentina que vén de emprender unha campaña para mudar o nome de Lavacolla polo de Castelao, na honra do rianxeiro. O sitio inclúe unha enquisa para elixir a denominación do aeroporto de Santiago que mellor lles pareza. Ao parecer, a palabra 'Lavacolla' fai referencia ao lugar no que os pelegríns aseaban as súas partes antes de entrar na cidade do Apóstolo.
.