O gran grupo de música folk-celta-galega Sete Netos presentou o seu primer disco en terras bonaerenses o pasado sábado 29 de xuño no Auditorum de San Isidro.
A actuación diste conxunto de rapaces nacidos no chan arxentino, sendo eles fillos e netos de galegos, foi escoitado por mais de trescentas persoas, quenes pese a o frío porteño, acercáronse ata o Auditorum pra participar da gran festa que foi animada polos nosos xóvenes músicos.
O repertorio elexido tivo que ver cos temas que podense atopar no seu primeiro disco chamados xustamente Sete Netos, un traballo que saíu a venta no mercado arxentino nos primeiros días de xuño.
Entre as pesas interpretadas polo conxunto atopanse dende a Muiñeira de Mondaríz ata a obra Outonía de Xosé Presedo, pasando por Rúa das Trompas e a fermosa De Frades a Devesela.
Tamén escoitaronse os sons con aires de Escocia e Irlanda, ao tempo de interpretar temas coma a típica Scotland the Brave, Saddle the pony, e The clumsy lover.
O conxunto integrase con Jorge Sisto, en percusión; Hernán Giménez Zapiola, en guitarra e bajo; Hugo Reverdito, en pandeireta, tarrañolas e bombo; e Juan Martín Pociello, Alberto Lopéz, Juan Martín Rodríguez e Gabriel Ponte en gaitas e flautas.
No Auditorium, a xente de Sete Netos tamén fixo o seu al tocar os temas coma a rumba Na fonte de Falperra, o Alalá das Mariñas, Xota de Redondela, e outros temas tradicionales coma o Hino do Antergo Reino de Galiza.
Alfonso Regal Teixeiro