A estas alturas da historia, se vostede está namorado/a, este é o seu día. Nada importa que este sexa un costume importado nin tan sequera que todo o mundo saiba que todo é cousa dos grandes almacéns. Tanto ten: envíelle unha postal ao seu amor, mérquelle un agasallo, dígalle que o/a quere. Pero se quere buscar unha escusa para non o facer, aquí lle amosamos unha ben fermosa: a festa do amor en Galicia é o día da Candeloria (2 de febreiro), na que se celebra o apareamento de todo o reino animal: acaban as xaneiras dos gatos e casan os paxariños.
.