Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O folk-celta galego dos Sete Netos e Noitebra

Baixo o teito e as paredes da Galería Pacífico, decoradas cun mural do artista galego Manuel Colmeiro, soarán as gaitas dos Sete Netos e Noitebra, o venres 8 de setembro as 21hs, no Centro Cultural Borges, da rúa Viamonte, na esquina da rúa San Martín. Os integrantes destes conxuntos son fillos e netos de galegos que mantén viva a cultura musical galega en Bos Aires, interpretando desde temas tradicionais, o enxebres, ata as creacións musicais mais novas e tamén aquelas que están dentro do estilo da música celta, pero fundamentalmente basadas no folclore galego. Así mesmo participará o grupo de pandeiretas e cantareiras Xoldra.

- 01:44 08/09/2000
Tags:

Os músicos destas bandas veñen principalmente da movida musical galega de Bos Aires, tamén alguns do rock e outros ritmos como os afrocubanos.

O espectáculo contará coa interpretación de variados instrumentos autóctonos europeos, coa preponderancia dos galegos, entre os que encontramos as gaitas, pandeiretas, tambor e bombo tradicional, frautas, tin whistle, bodhran ata instrumentos modernos como guitarras eléctricas, teclados, batería, baixo e outros.

Sete Netos é un grupo creado en 1998 por experimentados artistas na música galega. Os integrantes, todos eles netos de galegos, son Gabriel Ponte (gaita, percusión e frautas); Alberto López (gaita, frautas, teclados e acordeón) quen recentemente participou do recoñecido trofeo Macallan no Festival Intercéltico de Lorient; Jorge Sisto (tambor, bongo, derbaque, timbaleta, batería e guitarra); Héctor Bedoya (pandeireta, bodhran e voz); Juan Martín Poicello (gaita, teclados e frautas); Juan Martín Rodríguez (gaita, teclados y frautas); e Hugo Reberditto (bombo, pandeireta e cunchas).

Un grupo máis novo e Noitebra, que pertence a Fundación Xeito Novo de Cultura Galega. Compoñen a segunda xeración de artistas desa fundación, despois da que integra o conxunto de folk-celta Xeito Novo, o máis antigo en Bos Aires da música celta, que nestes días grava o seu terceiro CD (é o cuarto traballo discográfico), coa participación do recoñecido cantante e compositor León Gieco, o autor de “Solo le pido a Dios”. Tamén o grupo das xoves cantareiras Xoldra é da Fudación Xeito Novo e participarán do espectáculo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: