Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

A Asociación micolóxico-naturalista Pan de Raposo organiza, os días 1 e 2 de novembro, coincidindo coa festividade de defuntos, a terceira edición deste evento adicado a divulgar o mundo da micoloxía. Este ano prestarase especial atención á fauna da Costa da Morte, coa proxección de dous documentais de Francisco Lema, un sobre o miñato e outro sobre o lobo e a londra.

- 18:30 27/10/2003
Tags:

As actividades programadas terán lugar na Escola Municipal de Música de Cee e son as seguintes:

- Exposición de setas os días 1 e 2 de novembro en horario de 10,30h a 13,30h e de 15h a 20h.
- Recoñecemento e identificación de especies micolóxicas por técnicos de “Pan de Raposo”.
- Exposición dos traballos escolares do alumnado da zona.
- Pase de diapositivas comentadas. (Domingo 2).
- Presentación do nº 4 do Boletín (revista da asociación).
- Degustación de setas nos bares de Cee : “ O Recreo”,”O Montañés” e “ Cafetería-Restaurante Larry”, “Cafetería Alameda” e no “Beiramar” de Corcubión.
- Proxección do vídeo “ O lobo e a londra” a cargo de Francisco Lema. (sábado 1, ás 20 h.)
- Documental sobre o miñato a cargo de Francisco Lema. (domingo 2, ás 20 h.)

O día 8 de novembro no restaurante “As Hortensias” en Corcubión, ás 22h., terá lugar a III Cea “Pan de Raposo”, coa cociña a cargo do Chef Miguel , restaurador de“A Estación” de Cambre. O precio do cuberto para os socios-socias será de 30 Euros e para os non socios de 35 Euros.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: