O Pub Krooner, situado no antigo Número K compostelán, inaugura oficialmente este novo espazo para a música negra en Compostela cunha homenaxe ao mítico James Brown. Será este luns de entroido ás 22.00, e para asistir a esta festa inaugural, e tendo en conta as festas nas que estamos, é imprescindíbel acudir disfrazado.
Actuarán a Big Black Band e Chema Pinchadiscos con Héctor Lorenzo dirixindo esta 'gala', na que haberá ademais un premio de 300 € para o mellor imitador de James Brown.
Os creadores do Insomnia (Pablo Escribano e Chema Sagasti) inauguran agora un novo pub no Ensanche: o Krooner, situado no mítico número 48 da céntrica rúa República de Arxentina, que hai anos albergaba o Número K. Aquí gozaremos da mellor música negra, o Black Power dos 60. A próxima cita, o día 22, inclúe o garage de The Phantom Keys, o hip hop de Grove Hustla e Alto Asalto e a música electrónica de Roof e D. Quintela, ademais dunha sesión musical co Dj Rulas e Dj Piky.