Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O RESULTADO NON SERÁ VINCULANTE POR MOR DA BAIXA PARTICIPACIÓN

As primeiras sondaxes proclaman a vitoria do ‘si’ no referendo sobre o aborto en Portugal

Os portugueses queren legalizar o aborto. Segundo as primeiras enquisas a pé de urna, a opción do ‘si’ acadou entre un 57 e 62,6% dos votos. Porén, as sondaxes sinalan tamén unha taxa de abstención maior do 50%, o que non faría vinculante o resultado. O primeiro ministro portugués, José Sócrates, xa sinalou o venres que de non acadar o 50% de participación do electorado, cun triunfo do ‘si’ non dubidaría en levar a nova lei até o Congreso e aprobala alí aproveitando a súa maioría socialista.

- 20:54 11/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)