Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A MAIORÍA SOCIALISTA NO CONGRESO PODERÍA SER CLAVE

A abstención pode facer perigar a vitoria do ‘si’ no referendo sobre o aborto en Portugal

Case nove millóns de portugueses están chamados este domingo a participar nun novo referendo sobre o aborto. Segundo as últimas enquisas publicadas pola prensa lusa este sábado, o ‘si’ acadaría unha axustada vitoria con un 53% dos votos. Porén, o fantasma da abstención planea sobre o referendo, o que podería facer perigar a vitoria dos pro abortistas, liderados polo primeiro ministro José Sócrates. Foi precisamente o dirixente socialista quen alentou no último día de campaña os cidadáns a participar no referendo. Aínda así, Sócrates xa anunciou que de non acadar o 50% de participación do electorado, cun triunfo do ‘si’ non dubidaría en levar a nova lei até o Congreso e aprobala alí aproveitando a súa maioría socialista.

- 08:00 11/02/2007
Tags:

"Está de acordo coa despenalización da interrupción voluntaria do embarazo se é realizada, por opción da muller, nas primeiras dez semanas, en un estabelecemento de saúde legalmente autorizado?". Esta é a pregunta que este domingo terán que responder os portugueses nun novo referendo sobre o aborto.

Os pro abortistas, co primeiro ministro José Sócrates á cabeza, deixan de lado o debate moral para centrarse na necesidade de rematar cos perigos da interrupción do embarazo en condicións ilegais. Como era de esperar, no outro extremo, plataformas católicas non deixaron de facer campaña "en defensa da vida" en contra da hipotética nova lei, e advirten que esta provocará un aumento dos abortos e dos beneficios das clínicas privadas.

Na actualidade a lexislación portuguesa só permite o aborto en casos específicos como a violación ou o risco para a saúde da madre. Porén, boa parte dos médicos e especialistas lusos néganse a practicalos o que sitúa o número de intervencións en moi por debaixo da media europea. Mentres, milleiros de mulleres cruzan o Miño para realizar en Galiza e de xeito legal o aborto.


Ligazóns

0/5 (0 votos)