Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALIZA TEN UNHA DAS TAXAS DE ABORTOS VOLUNTARIOS MÁIS BAIXA

O Foro Galego da Familia presenta a 'Rede Nai' a tres días do referendo en Portugal

Este xoves 8 de febreiro presentouse no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular para crear na comunidade unha rede de apoio á muller embarazada, e evitar os abortos. Nos días previos ao referendo que pode rematar coa penalización do aborto en Portugal, o ministerio de Sanidade publica as cifras sobre a interrupción voluntaria do embarazo no 2005: Galiza ten unha das taxas máis baixas, (4,43 abortos voluntarios por cada mil mulleres, fronte ás 9,6 do Estado), só superada por Cantabria e Ceuta.

- 12:00 09/02/2007
Tags:

O Foro Español da Familia está a presentar a iniciativa "Rede nai" en varias comunidades, co fin de evitar o aborto: facilita un apoio solidario para asesorar física e psicoloxicamente a mulleres embarazadas e proporcionarlles información sobre os recursos de protección social. O obxectivo fundamental é evitar que se escolla como alternativa da interrupción voluntaria do embarazo. Teñen catro meses para conseguir 15.000 sinaturas que apoien esta iniciativa, cos seguintes obxectivos: centros de asistencia en Galiza, fomentar a prioridade das embarazadas no acceso a prestacións e axudas, promover que a Xunta difunda un teléfono gratuíto e unha páxina web que lle permita a calquera muller conectar coa rede de apoio, e implicar os concellos na difusión da rede de apoio. O Foro gábase de ter evitado 11.000 abortos en Madrid con este programa, e afirma que "o aborto non deixa de ser un xeito de acabar coa vida dun ser humano indefenso".

Mentres tanto, a lexislación española só permite o aborto nos supostos de violación, unha vez tramitada a denuncia, perigo de malformación fetal, ou risco psíquico ou físico para a saúde da nai (suposto ao que se acolleron, no 2005, o 96% das galegas que abortaron voluntariamente). En Portugal, esta fin de semana, decídese nun referendo se lexitimar o aborto voluntario nas primeiras dez semanas e nun estabelecemento de saúde legalmente autorizado. De gañar o "sim", rematarían as condenas de tres anos e os abortos clandestinos (até 40.000 ao ano).


Ligazóns

0/5 (0 votos)