Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O DEBATE CHEGA AO PARLAMENTO EUROPEO

A Comisión Europea aclarará a viabilidade do plan de Industria para o naval

"Considera a Comisión que os compromisos que aparecen na carta ao goberno español impiden que Navantia venda, a través de licitación pública, parte dos activos pertencentes ao antigo estaleiro Astano?". Velaí unha das cuestións concretas sobre as que a Comisión Europea deberá pronunciarse proximamente, en resposta á pregunta rexistrada por Ana Miranda, voceira do BNG no Parlamento Europeo, a través dos eurodeputados de Galeusca.

- 15:17 05/02/2007
Tags:

Os presuntos obstáculos para que unha parte dos activos infrautilizados de Astano-Fene se poidan vender e adicar á construción naval civil, serán aclarados pola Comisión Europea, que botará luz sobre as declaracións realizadas polo presidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais, SEPI, quen negaba esa posibilidade.

Ao respecto, a voceira nacionalista lembra que cando en xuño de 2005 a Eurocomisión informara dos acordos asinados co goberno español para a reorganización do sector público naval, "non se estabeleceron ese tipo de limitacións". A Comisión unicamente se referiu á necesidade de que "non se produciran distorsións indebidas da competencia no mercado do sector civil da construción naval". Segundo explica Ana Miranda, o documento no que se basea a SEPI para bloquear o plan da Xunta non impide en ningún caso "a desafectación parcial de activos pertencentes ao centro de Fene", e tampouco prohíbe que no caso de seren vendidos esa venda se faga a unha empresa do sector da construción naval.

CCOO deixa a mesa de diálogo
Ao respecto tamén se pronunciaron durante a fin de semana desde o sindicato CCOO-Galicia, acusando ao presidente da SEPI, Enrique Martínez Robles, de "mentir unha vez máis" sobre os detalles do acordo entre o goberno estatal e Bruxelas.

Os representantes da Federación Mineirometalúrxica de CCOO-Galicia subliñan que a única limitación que ten a factoría naval de Fene "é a que lle impón a súa pertenza o grupo público de estaleiros de Navantia" e insisten en que a débeda contraída coa Unión Europea pola inxección de axudas económicas ilegais no grupo naval Izar durante o mandato de Aznar "quedou saldada coa disolución da empresa e a creación de Navantia".

Con todo, o secretario xeral da Federación, Esteban Vázquez, anunciou que o sindicato vaise retirar da Mesa da Industria Naval aberta pola Consellaría de Industria até que se consensúen os proxectos propostos. Consideran "moi pouco serio" que logo de que a Xunta presentase o seu proxecto para revitalizar a construción naval, "a SEPI fale dun proxecto do sector eólico, e que o señor Irisarri, candidato a Alcaldía de Ferrol polo PSdeG, presente un proxecto do sector offshore".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: