Polo menos 130 persoas morreron e trescentas resultaron feridas este sábado logo da explosión dun camión bomba nun concorrido mercado do centro de Bagdag frecuentado por kurdos xiís. O atentado produciuse un día despois de que os servizos de intelixencia dos Estados Unidos advertiran de que había elementos que permitían cualificar o conflito de Iraq de guerra civil. Na mesma mañá, na localidade de Kirkuk houbo tamén varios atentados con coche bomba que terminaron coa vida de catro persoas. Dous dos coches estouparon diante das oficinas dos principais partidos kurdos da cidade.