Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS GALEGOS SUMÁRONSE A PARTIR DAS OITO, DESPOIS DO HORARIO OFICIAL PREVISTO

O apagón galego aforrou o que gastan 65.000 neveiras

Os galegos sumáronse ao apagón, pero fixérono pouco e con atraso. E é que a cantidade de cidadáns que deixou de gastar luz aumentou a partir das 20 horas, a pesar de que a parada estaba prevista que durase cinco minutos dende as 19:55. Mentres houbo o apagón, aforráronse uns 65 megavatios por segundo de media, o mesmo que consomen unhas 65.000 neveiras ou 32.000 fogares . Pero realmente esta redución significa unha caída porcentual do consumo moi pequena. Por iso no blogmillo, os internautas falan de "fracaso".

- 11:22 02/02/2007
Tags:

Galiza aforrou un 2,41% de enerxía mentres durou esta iniciativa contra o cambio climático. Un chisco menos que no Estado, onde foi do 2,5%, segundo datos do INEGA e de Red Eléctrica Española.

O frío pode máis
O limitado da caída do consumo fai que, no blogmillo, Can de Palleiro asegure que "a convocatoria foi un fracaso rotundo; malia á difusión polos medios de in-comunicación (telexornais incluidos)". Xerelo fai unha análise estadística máis detallada pero a conclusión é igual de pesimista: "o frío da semana pasada tivo o dobre de efecto no consumo, e iso que estamos a falar duns poucos graos de diferenza".

Cómpre ter en conta que un parque eólico grande a pleno rendemento produce 50 megavatios por segundo, quince menos do que se aforrou onte. O aforro galego é equivalente a 1.075 litros de petróleo. É dicir, deixáronse de emitir á atmósfera uns 3.700 quilos de dióxido de carbono.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: