Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INTEGRADO NA REDE NATURA 2000

Unha granxa piscícola ameaza o Val de Ponzos

Pouco despois de publicarse o primeiro avance do que será o novo Plan Galego de Acuicultura, grupos ecoloxistas de Ferrolterra xa advertiron de que se introduciran localizacións protexidas entre os espazos destinados ás granxas piscícolas. Un deles é o contorno de Ponzos, un treito de costa de vizosa biodiversidade.

- 11:23 01/02/2007
Tags:

O Lugar de Interese Comunitario da Costa Ártabra repártese polos concellos costeiros de Ares, Mugardos, Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Cariño e Ortigueira. Trátase dun treito de costa moi variado en canto a ecosistemas se refire, albergando areais, cantís, zonas húmidas, pequenas illas e mesmo serras, e que conforman un espazo único integrado dentro da Rede Natura 2000.

Máis información no Canal Verde e na bitácora Salvar Ponzos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: