O membro da ETA Iker Agirre Bernadal foi detido este xoves a primeira hora da mañá en Portbou (Girona), preto da fronteira con Francia, segundo informou a Delegación do Goberno. O suposto terrorista ía só, levaba documentación falsa e estaba desarmado. O arresto produciuse ao redor das 9.30 horas nun tren procedente de Perpignan con destino á estación de Barcelona-Sans. Aguirre Bernadal ten en vigor unha orde xudicial de busca, detención e ingreso en prisión ditada pola Audiencia Provincial de Bizkaia en xullo de 2004, acusado de atentado e desordes públicas.