A Organización das Nacións Unidas, ONU, por medio da Misión para Asistencia en Iraq, Unami, acaba de facer públicos os últimos datos referentes a situación dos Dereitos Humanos neste país. Segundo os informes achegados ao longo de todo o 2006, o número total de civís mortos violentamente foi de 34.452, cunha media de 94 ao día. Ademais, 36.685, resultaron feridos (2.222 mulleres e 777 cativos). Tamén dá cifras sobre execucións extraxudiciais, secuestros, torturas, e violencia xeneralizada. Salienta a crítica situación que están a sufrir as femias en relación cos "crimes de honor", provocada polo "colapso da lei e a orde", que o extremismo islámico aproveitou para "afianzar aínda máis a cultura da violencia dentro da sociedade iraquí". Poden consultar un resumo dos datos en Iraq Solidariedade.