Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
O ACORDO COA UNIÓN EUROPEA, CAUSA DA RETICENCIA ESTATAL

A SEPI considera "irrealizábel" o proxecto do novo estaleiro

A SEPI tachou de "irrealizábel" e "sorprendente" o proxecto de creación dun estaleiro nas instalacións sen uso de Navantia Fene. Segundo a sociedade estatal, o proxecto impulsado por Industria, Barreras, Caixa Galicia e Caixanova incumpre o compromiso acadado coa Unión Europea de que non se acometan nesa planta máis construcións civís até o ano 2015. Dende a SEPI afirman que lles sorprendeu a proposta, a pesar de que o conselleiro Fernando Blanco afirmara que non habería restricións comunitarias por se tratar dun proxecto privado. O ente estatal é a única das partes que se amosa en contra de impulsar o novo estaleiro.

- 10:04 23/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)