Unha ampla representación de blogueiros galegos xa publicou na rede a súa impresión sobre a falta de acordo á hora de reformar o Estatuto. A inmensa maioría coinciden en botarlle a culpa ao Partido Popular. Hai opinións contundentes, como a de Colazo, en Galego de seu, que di: "Feijóo, ademais de traer a ETA a Galiza despídese do seu futuro político na nosa terra. En Madrid será benvido. Que lle vaia tomar o pelo a outros, alí poderá facelo de xeonllos". Comparten esta mesma tese Lareira e Brétemas, aínda que a descrición máis gráfica dáa Cabaseira Web. Lucensismo e outros males e Si home si coinciden en recorrer ás metáforas futboleiras, mentres que as análises máis profundas parten de Zero Vacas e Cousas de Imeneo. No outro estremo está As crónicas prusianas, que non se puido decatar do que acontecera por problemas de comunicación. Pero tamén hai quen lle bota a culpa a Touriño da falta de acordo, como Os oubeos do kan-Meijome e quen defende a proposta popular, como Manuel Baltar, non podía ser menos.