Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FEIJOO OPÚXOSE E QUINTANA APOIOU CON RESERVAS O TEXTO

A proposta do PSdeG apelaba á Lei de Símbolos para falar de "nación"

O texto de Touriño, que a priori podía servir de ponte para avanzar no preámbulo, tampouco callou. Quintana avanzara días antes que o BNG estaba disposto a asumir o preámbulo do presidente, aínda que reafirmou o seu compromiso, recoñeceu había que matizar algunhas cousas. Feijoo atopou inasumíbel un preámbulo que di que "Galicia desenvolveu unha clara identidade cultural e política reflectida na vixente Lei de Símbolos de Galicia, que recolle a formulación do sentimento galeguista e do pasado compartido falando do fogar e da nación común dos galegos". Ofrecésmolle íntegra a proposta presidencial para o preámbulo e para a lingua.

- 19:58 17/01/2007
Tags:

O preámbulo proposto polo presidente da Xunta foi o seguinte:

"Ao longo da súa historia, Galicia forxou un sólido carácter nacional, que é froito da vontade dos seus cidadáns e do seu pasado común, pero tamén dun territorio diferenciado, dunha cultura senlleira e dunha lingua propia.

Galicia desenvolveu unha clara identidade cultural e política reflectida na vixente Lei de Símbolos de Galicia, que recolle a formulación do sentimento galeguista e do pasado compartido falando do fogar e da nación común dos galegos.

O devandito carácter nacional atopa a súa expresión na Constitución e no artigo primeiro do Estatuto de 1981 que define a Galicia como nacionalidade histórica que se constitúe en Comunidade Autónoma"

No que respecta ao artigo 3 sobre a lingua o texto dicía:

"1. O galego é a lingua propia e oficial de Galicia. O castelán é tamén lingua oficial de Galicia. Para o seu uso e coñecemento ambas linguas estarán en condicións de igualdade xurídica.

2.Recoñécese o dereito de opción lingüística de todas as persoas, o que obriga a todos os poderes públicos en Galicia, sen que ninguén poida ser discriminado por razón da súa lingua. Os actos xurídicos feitos en calquera das dúas linguas oficiais teñen plena validez e eficacia xurídica.
3.Os poderes públicos de Galicia promoverán o dereito a expresarse e ser atendido en galego, eliminando calquera atranco no exercicio deste dereito. Igualmente potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e dispoñerán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento"


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: