Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONCLUSIÓNS DA REUNIÓN EN MONTE PÍO

Quintana di que a crispación da política estatal condicionou a xuntanza

Para Anxo Quintana boa parte da culpa do fracaso das negociacións débese á crispada situación política que se vive na capital do Estado: "Teño para min que en toda a xornada de traballo de hoxe navegou por riba de nós unha situación política que non nos compete aos que estabamos na mesa, unha situación que se está a dar en Madrid". Quintana, que compareceu diante dos xornalistas con rostro grave, deixou claro que "haberá que agardar un novo tempo político".

- 17:30 17/01/2007
Tags:

No que respecta ao recoñecemento da identidade nacional galega, Quintana subliñou que incluso estaba disposto a aceptar a redacción do preámbulo que propoñía Touriño, a pesar de que non o compartía plenamente. O PP, segundo Quintana, negouse rotundamente a que figurara o termo nación. Outro dos obstáculos insuperábeis foi o estatus que terá a lingua galega no novo Estatuto. Segundo Quintana, o PP non estaba disposto "nin sequera" a unha "igualdade xurídica entre o galego e o castelán" e en ningún momento aceptou que se recollese o deber de coñecer o noso idioma.

Mais as diferencias tamén se deron no tipo de investimentos que debe facer o Estado para salvar o déficit histórico galego. O Bloque propuxo un cupo de 500 millóns de euros para paliar a gran dispersión xeográfica da poboación e outros 250 pola peculiaridade da emigración que tivo o país. Pola súa parte, o PP falaba de 250 millóns para o primeiro capítulo e non daba cifras para o segundo. Quintana subliñou que o BNG "tomou moi en serio o Estatuto" e lembrou que foi "flexíbel" para chegar a un acordo: "É importante un Estatuto de Nación pero aínda máis é comportarse como tal"


0/5 (0 votos)