Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
A DIRECCIÓN PROVINCIAL RETIRÁRALLE A CONFIANZA AO CANDIDATO

O portavoz do PP de Mugardos crea un partido independente para as municipais

Francisco Xavier Trío, candidato do PP en Mugardos en 2003, anunciou que se presentará en maio por unha agrupación independente que el mesmo botará a andar. Trío está "encabuxado" porque os xefes provinciais do partido decidiron confiar en Xoan Domingo de Deus para liderar a nova lista. O tamén concelleiro popular Luis Anxo Penín anunciou que secundará a Trío na aventura independente. A formación conservadora ten na actualidade 3 edís. En Mugardos goberna en minoría o BNG, que conta con 4 concelleiros. Dende 1979 os conservadores aínda nunca lograron gobernar o concello.

- 09:48 11/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)