Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TERÁ LUGAR O XOVES ÁS 20 HORAS DIANTE DO CONSULADO DOS EUA

Concentración na Coruña para pedir o peche do centro de detención de Guantánamo

Co gallo do quinto aniversario do traslado do primeiro preso ao centro de detención de Guantánamo, Amnistía Internacional convocou unha concentración para a xornada do xoves na Coruña. Será ás 20.00 horas diante do consulado americano (nos arredores do Obelisco) e ten como obxectivo reclamar o peche do centro de detención que os EUA teñen na illa de Cuba. "A sociedade debe lanzar unha mensaxe clara e contundente aos líderes mundiais, unha mensaxe de rexeitamento do uso da tortura, moi especialmente no contexto da chamada guerra contra o terror", sinalaron os convocantes.

- 10:27 10/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: