Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REFERENDO SOBRE A REFORMA

Andalucía vota o novo Estatuto o 18 de febreiro

Mentres Galiza se resigna ao adiamento da reforma estatutaria, a nivel estatal outra comunidade pon data para completar o proceso. "Os andaluces teñen madurez abonda para distinguir perfectamente o que se persegue en cada unha das convocatorias e os responsábeis políticos debemos tamén distinguilo e poñer os intereses xerais de Andalucía por riba dos políticos". Deste xeito pedía o presidente da Junta de Andalucía, o socialista Manuel Chaves, que os partidos non usen como "arma arreboladiza" a convocatoria do referendo sobre a reforma. A votación foi fixada para o próximo 18 de febreiro co fin de distanciala o suficiente das próximas eleccións municipais. O vixente estatuto andaluz, votado en 1981, conseguira o apoio do 53% dos votantes. Poden ampliar no Diario Sur e Andalucía 24 horas.

- 10:41 10/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)