Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A FISCALÍA DO ESTADO USA DIFERENTES CRITERIOS PARA XULGAR A LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Mentres Ynestrillas insulta con impunidade o rei, o fiscal denuncia dous diarios vascos

"O Rei, ese subnormal xenético, que se supón debe garantir todos os dereitos mais, sobre todo, a unidade de España e a de todos os seus homes e as súas terras, ese si que debe estar contento, pois tras consumar a súa traizón a unha Nación e a un pobo, permitiu todo o que está ocorrendo, como o asasinato -que el sancionou coa súa sinatura de bébedo- de 80.000 nenos ao ano aínda no seo das súas nais, a eutanasia pasiva e a legalización dos matrimonios homosexuais". Quen asina estas palabras é o intelectual e político da ultradereita española Ricardo Sáenz de Ynestrillas, que facía públicas estas opinións no seu blog. Porén, o fiscal xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, aínda non tivo a ben presentar acusacións contra este home por proferir "expresións vexatorias, humillantes, atentatorias contra a dignidade e a honra" do rei. Pola contra, si que o fixo dilixentemente por idéntico motivo contra os autores do artigo e caricatura Las tribulaciones del oso Yogui, que publicaron os diarios Gara e Deia o pasado novembro.

- 11:51 09/01/2007
Tags:

O artigo de Nikola Lococo e a fotocomposición de Rodríguez y Ripa -en que o monarca aparece ao carón dunha barrica de licor-, fan, segundo o fiscal, unha "crítica sobre o asunto relativo á caza dun oso polar S. M. El-Rei", na que se inclúen afirmacións atentatorias contra a dignidade do monarca, que son "manifestamente superfluas e innecesarias para o exercicio da liberdade de expresión". O artígo, ademais, prosegue o fiscal "imputa o carácter de alcólico á S. M. El-Rei", denomínao "soberano irresponsábel" e "fai referencia á falta de capacidade de discernimento" do soberano español.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: