A súa historia conmocionou a Galiza e a boa parte do Estado neste outubro. Ana María Ríos, perruqueira na localidade pontevedresa de Arcade, pasou un auténtico calvario en México cando foi detida no aeroporto de Cancún por portar explosivos na súa maleta. Unha semana despois demostrouse a súa inocencia e quedou en liberdade con retorno triunfal á súa vila incluído. Agora, a galega completou o 'pack' polo que moitas aspirantes a entrar no Gran Hermano suspiran. Logo do seu paso polo programa de Ana Rosa, a perruqueira protagoniza esta semana a portada da revista Interviu.