Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTANZA COS LÍDERES DO PP E BNG NA SEGUNDA QUINCENA DE XANEIRO

Touriño aposta por un Estatuto que sexa "espazo de encontro" de todos os partidos para fortificar Galiza

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, cre que na próxima reunión que manterá na segunda quincena de xaneiro cos líderes políticos do BNG e do PPdeGa, Anxo Quintana e Alberte Núñez Feijoo, será posíbel "dar o sprint final" para avanzar na reforma estatutaria. O máximo dirixente galego espera que o acordo frutifique nun "Estatuto de máximos: en competencias, en recursos e no recoñecemento do noso carácter nacional". No transcurso dunha entrevista na SER, Touriño tamén amosouse convencido de que "o presente é o mellor momento" para acadar un Estatuto para o que "só hai dous criterios irrenunciábeis: que sexa de primeira no marco Constitucional e que sexa punto de encontro de todos".

- 21:57 07/01/2007
Tags:

Nesa liña, Touriño esíxelles ás distintas forzas políticas vontade para atopar "un nexo de unión" que fortaleza e lle veña ben ao país. O presidente galego tamén adiantou que na Conferencia de Presidentes, que terá lugar o próximo día 11, centrará os seus esforzos nas materias de educación e innovación xa que Galiza "debe apostar con máis forza ca nunca" en poñer estes dous aspectos no centro das súas prioridades.


0/5 (0 votos)