Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RIANXO HOMENAXEA A CASTELAO NO SEU 57 CABODANO

Quintana propón un compromiso de "consenso blindado" para o novo Estatuto

Este 7 de xaneiro cúmprense 57 anos da morte de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Rianxo, a vila que o viu nacer en 1886, está a celebrar nesta xornada diferentes actos de homenaxe á figura do pai do nacionalismo galego. Anxo Quintana interviu ao mediodía nun acto público na Casa da Cultura e, de seguido, participou nunha ofrenda floral que se fixo tamén ante o monumento dedicado á figura do intelectual. O portavoz nacional do BNG aproveitou o acto para propoñer un "compromiso de consenso blindado para o novo Estatuto e unha metodoloxía de transparencia para acadalo".

- 16:58 07/01/2007
Tags:

No transcurso da homenaxe, Quintana pedíulles ás restantes forzas políticas que asuman este compromiso "para darlle aos cidadáns o que esperan de nós: pór o país por riba de todo". Segundo o líder nacionalista, o compromiso consiste en "traballar para que esta proposta de novo Estatuto sexa aprobada co voto afirmativo de todas as forzas políticas" e instou a que o proceso "non remate nunha mesa de negociación, por importante e urxente que esta sexa, senón nunha sesión parlamentaria con luz e taquígrafos".

Quintana sinalou tamén que "rematou o tempo das declaracións de principios. Agora é o tempo dos feitos" e, neste sentido, lanzoulles unha mensaxe ás restantes forzas políticas: "Quen realmente queira que Galiza teña un Estatuto que non estea nin un centímetro por debaixo do catalán ten agora a oportunidade de demostralo. Agora é o momento de practicar o galeguismo e deixar de utilizar a palabra unicamente como eslogan".

Actos do Partigo Galeguista
A media mañá, o Partido Galeguista convocou diante do busto que Castelao ten no Paseo Marítimo de Rianxo os escritores Avelino Abuín de Tembra e Dourado Deira, o Presidente e o Secretario Xeral do PG, xunto co Vicesecretario Xeral e Padrón fundador da Fundación Castelao, Francisco López "Chesqui". Participaron tamén nesta homenaxe a Castelao representantes das Agrupacións do P.G. e Ateneos Galeguistas de toda Galicia.


0/5 (0 votos)