Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AVANZA QUE PODERÍA HABER UN MORTO POLO ATAQUE

Rubalcaba confirma que o atentado foi realizado pola ETA

Aínda que para a valoración das consecuencias políticas remitiu aos xornalistas á comparecencia que ás 18 horas fará o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, o ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, deu por feito que esta explosión racha a tregua aberta hai meses pola ETA. Sobre a autoría do atentado, Rubalcaba dixo non ter dúbida de que foi esta banda terrorista quen puxo os explosivos no aparcamento do aeroporto madrileño, e rexeitou valorar se se podería tratar ou non dun sector concreto dentro da ETA. O ministro tamén comentou que hai unha persoa desaparecida, un mozo que puido quedar durmindo no coche dentro do aparcamento.

- 12:47 30/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)