Segundo puido saber Vieiros, a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, comezou os contactos para publicar un disco que conmemore os 25 anos da institución. Logo de toda a que caeu, Villarino opta por un disco con versións "multiculturais" do himno galego. Segundo as mesmas fontes, tanto PPdeG como BNG coñecen xa os plans da presidenta e comprometéronse a apoialos sempre e cando se trate con todo o respecto que require o himno nacional.
Na gravación estarán, entre outras, formacións tan dispares como Luar Na Lubre, Berrogüetto, Radio Tarifa, Banda Bassoti, Melendi, El Arrebato, Xil Ríos ou The Chieftains.
(Edición especial 28 de decembro)