Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTARÁ EN VIGOR NO PRIMEIRO SEMESTRE DE 2007

Sae adiante no Congreso o novo Estatuto das Illas Baleares

É a cuarta reforma estatutaria que nesta lexislatura gaña o favor do Congreso, despois de xa o fixesen os de Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana. O proxecto é que o Senado lle dea a súa beizón o próximo mes de febreiro e que antes da celebración das próximas eleccións municipais, que nas Baleares serán tamén autonómicas, poida estar xa en marcha. Ao goberno que saia das urnas corresponderalle botalo adiante. Na actualidade, goberna as illas o executivo de Jaume Matas, do PP, co apoio dun deputado dunha agrupación independente. A reforma estatutaria recibiu no Congreso o foto favorábel de todos os grupos e as abstencións de ERC e IU-ICV.

- 07:05 22/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)