Dobrar en menos de dez anos a actual potencia de produción no ámbito da enerxía nuclear é a proposta da Confederación Española de Organizacións Empresariais, CEOE. En cifras concretas, queren que en 2015 a enerxía atómica achegue o 15% da potencia total instalada, o que implica até 15 mil MW de xeneración eléctrica nesa altura. O presidente da CEOE, José María Cuevas e o responsábel da comisión de enerxía da patronal, subliñárono así este mércores, advertindo da "debilidade" do sistema enerxético estatal. En favor da enerxía nuclear tamén manexa un documento o PP, que será así o primeiro partido en defender abertamente esta opción no seu programa.