Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CONCELLO INGRESARÁ A CAMBIO 8.5 MILLÓNS DE EUROS

Telmo Martín deixa Sanxenxo renunciando a 686 vivendas protexidas

Sanxenxo pechou o ciclo de Telmo Martín, agora candidato do PPdeG en Pontevedra, e recibe a entrada do novo equipo á fronte do goberno local, con anuncio da venda do 20% da vivenda protexida reservada para o contorno de Monte Faro. Desde o colectivo Salvemos Sanxenxo e a Asociación de Veciños de Noalla, denuncian que non se aposte pola promoción de pisos públicos "para os que xa había máis de 600 solicitudes".

- 13:03 20/12/2006
Tags:

O Consello cavila investir eses 8.5 millóns de euros que ingresaría pola venda dos predios inicialmente destinados a vivenda protexida, na compra de terreos en Punta Vicaño, onde proxectaría a construción dun parque. Lembran os veciños que a vivenda é "máis necesaria" e daríalle resposta a unha demanda importante na vila.

Por este motivo, os colectivos propoñen que no estremo de facerse esa venda, os cartos sexan investidos en mercar predios urbanos existentes. Opinan que o Concello debera deixar de favorecer, como fai na actualidade, a construción de vivendas para segunda residencia e urbanizacións illadas, que debuxan "un futuro incerto baseado en dous meses ao ano". A alternativa sería a edificación de vivendas públicas, "até 70 ou 80 en cada núcleo", potenciando unha "poboación fixa". "Os nosos veciños nin poden, nin deben, pagar 30 millóns por un piso de 65m2", quéixanse sobre os elevados prezos inmobiliarios na zona. Os colectivos veciñais queren que a consellarías de Vivenda e a de Política Territorial se pronuncien sobre a situación.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: