Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE SOBRE A LEI DA MEMORIA HISTÓRICA

O BNG pide non quedar "presos" das limitacións da transición

"Como galego, os meus antepasados, os meus avós, non foron a maioría deles a unha guerra. Padeceron unha represión cruenta e brutal. Foron perseguidos, ficaron no anonimato. E nós criámonos na desmemoria, na desmemoria que conlevou medo", explicou Francisco Rodríguez, deputado do BNG, na súa intervención no debate do Congreso. O nacionalista explicou a oposición do seu grupo ao texto segundo a formulación actual porque "non queriamos coincidir nesta ocasión, nen siquera formalmente, con aqueles que son valedores do franquismo, que defenden leis de punto final, e que están facendo un revisionismo histórico para xustificar, non a concordia, senón para xustificar o réxime anterior e os seus ecos na actual democracia".

- 12:01 15/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)