Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DA AMEAZA DE SANCIÓN DE BRUXELAS

Narbona garante o 60% do custo da depuradora e a Xunta cavila en multar o concello vigués

Até o 60% dos 160 millóns de euros que en total custaría a construción do centro de tratamento de residuos que a área de Vigo precisa con urxencia, serán financiados polo Ministerio de Medio Ambiente, segundo avanzou este mércores a ministra. Ao tempo que o anunciaba, Cristina Narbona aproveitou para queixarse da "desidia" dos anteriores gobernos do PP fronte a este requirimento. "Agora só necesitamos a colaboración do Concello de Vigo", avisou de paso a ministra. Esa presunta falta de compromiso do goberno local, nas mans do PPdeG, é tamén avaliada desde a Xunta, e ao fío, a Consellaría de Medio Ambiente lembra que se o Concello non toma unha decisión sobre a localización da depuradora, o goberno galego podería sancionalo.

  • A UE ponlle prazo á Xunta para un novo plan contra a contaminación da ría de Vigo

- 10:39 15/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)