Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS SOCIALISTAS DEMANDAN QUE A DIRECCIÓN DOS POPULARES ACLARE A SITUACIÓN

Pídenlle ao PPdeG que investigue os negocios inmobiliarios do alcalde de Sanxenxo

Lembrou este martes o secretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, que hai pouco tempo que se fixo público que o concelleiro de Urbanismo en Porto do Son mercara unhas leiras logo recualificadas no plan xeral, decidindo o rexedor socialista do municipio o seu cesamento por este motivo. Ao fío, solicitoulle á dirección do PPdeG que aclare os negocios urbanísticos que ten Telmo Martín, o actual alcalde de Sanxenxo e próximo candidato á alcaldía de Pontevedra. Sobre o asunto, e logo de que volveran á actualidade as denuncias que lles adiantabamos hai semanas, o rexedor popular negou que especulase con predios no concello onde goberna.

  • Os veciños acusan o alcalde de Sanxenxo de especular con terreos en Portonovo
  • Salvemos Sanxenxo, unha nova plataforma cidadá en defensa do litoral galego

- 13:32 13/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)