Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O MATERIAL É IDÉNTICO AO QUE PRODUCIU PROBLEMAS NA VÍA DO SALNÉS

O PP denuncia que tamén se usan canalizacións metálicas na autoestrada Santiago-Ourense

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegura que o bipartito está a utilizar canalizacións metálicas, semellantes ás que saíron defectuosas na vía do Salnés, en obras públicas que se están a executar na actualidade. Núñez Feijoo subliña que un exemplo disto son as obras da autoestrada que une Santiago con Ourense. Os conservadores tamén pediron unha comisión parlamentaria para que aclare as anomalías da estrada do Salnés e se estas poden repetirse noutras vías de titularidade autonómica.

- 11:09 12/12/2006
Tags:

Dende as filas do PPdeG sosteñen que o bipartito emprega o cinismo cando critica as canalizacións anteriores e segue a empregar as mesmas. Feijoo defendeu a xestión de Xosé Cuíña, daquela conselleiro de Política Territorial e subliñou que se fixeran acusacións "moi graves" contra este político. O líder dos conservadores subliña que a elección das canalizacións é competencia dos técnicos e das empresas, por iso di que se hai algún tipo de neglixencia hai que pedirlles responsabilidades.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: