Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XII ASEMBLEA NACIONAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

O Bloque debate o seu futuro na procura do mellor equilibrio entre "unidade e pluralidade"

"A nación en marcha" é lema da xuntanza decisiva deste fin de semana para o BNG, e punto de encontro para a militancia cara á articulación dun proxecto de futuro onde sobre claves e matices, catro correntes internas aspiran a facer valer as súas propostas. Esforzo polas diplomacias, ímpetus contidos e convicción da importancia desta xuntanza, acompañaron a apertura da Asemblea ás portas do primeiro asalto no debate interno. A elevada participación neste primeiro día da Asemblea Nacional do BNG, prognostica un interese máximo dos militantes do Bloque cara á xornada decisiva deste domingo.

  • Francisco Jorquera: "é necesario espírito crítico e autocrítico"
  • Anxo Quintana espera que a xuntanza consolide "estabilidade" e "diálogo"
  • Xosé Manuel Beiras agarda que se "restableza e respecte a pluralidade interna propia dunha fronte"
  • Fermín Paz fala dun BNG con necesidade de ampliar a súa "capacidade de mobilización"
  • Rosario Fernández Velho indica que o BNG debe avanzar "na presenza na sociedade e no incremento de militantes"
  • Alén dos cabezas de lista, Vieiros achégalles tamén artigos de opinión dun representante de cada unha das candidaturas: Paula Castro de Movemento pola Base; Mario López Rico de Encontro Irmandiño; Roberto Mera, integrado na lista que encabeza Anxo Quintana e Camilo Nogueira da Alternativa
  • As novas tecnoloxías e o debate político: o que se fala na rede sobre a Asemblea
  • Análise de Manuel M. Barreiro: BNG: 32 voces e Atrapados no tempo

- 13:39 03/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)