Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMPAÑA DA ASOCIACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA

Presión á Igrexa para que pida perdón polo seu papel durante a ditadura

A iniciativa xorde fronte á publicación a semana pasada da pastoral asinada pola Conferencia Episcopal onde, aínda que de xeito menos contundente ao manexado inicialmente, os bispos manifestan a súa posición sobre a "unidade histórica e cultural de España". Diante dese documento, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica considera que a Igrexa dá mostra dunha dobre moral e lémbralles aos bispos que como institución "apoiaron un réxime ditatorial e déronlle beizón a milleiros de execucións e á represión franquista". Por iso, propoñen enviarlles cartas de protesta solicitándolles que pidan perdón e esixindo que se retiren os símbolos do tipo "Caídos por Deus e por España".

- 07:19 28/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)