Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CANDIDATURA XA ESTÁ REXISTRADA NO LOCAL NACIONAL

A Alternativa presenta a súa lista para que o BNG teña "substancia"

Xa se coñecen os 85 nomes que acompañaran a Rosario Fernández Vello na lista que a A Alternativa vai presentar na vindeira Asemblea Nacional. Vello subliña que a candidatura "enfróntase democraticamente a unha direción que tomou unha deriva destinada á conversión do BNG nun partido bisagra, nun partido sen substancia, alleo á tradición histórica nacionalista". A lista integra quedou depositada no local nacional do BNG. As demais candidaturas teñen de prazo ata este venres.

- 17:18 22/11/2006
Tags:

Rosario Fernández Vello, Amada Traba Díaz, Alberte Xullo Rodríguez Feixóo, Camilo Nogueira Román, Ánxeles Fernández Díaz, Xoán Manuel Rama Trillo, Sonia Saínz Suárez, Xusto Fernández Haro, Xosé Manuel Díaz Suárez e Xosé Chorén Vázquez serán os dez primeiros espadas na lista da Alternativa.

Os de Fernández Vello foron os primeiros en presentar a súa candidatura. Mentres tanto, dáse por feito que haberá outras tres máis. Anxo Quintana e a UPG teñen practicamente pechado un acordo e só se están a pulir os nomes da candidatura. O Encontro Irmandiño e o Movemento pola Base tamén confirmaron que tiñan intención de presentar as súas candidaturas.


Documentos

0/5 (0 votos)