Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O NOVO WINDOWS VISTA DESEMBARCA EN GALIZA NESTE ACTO

Os enxeñeiros de telecomunicacións premian a Imaxin e elixen a Arturo Dopico como o mellor do ano

A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información reúne hoxe os principais axentes do sector no país. Na velada, organizada pola Asociación e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galiza, entregaranse os Premios Galicia de Telecomunicacións 2006. Imaxin Software e Arturo Dopico, director xeral do grupo de cable R, son dous dos galardonados.

- 11:43 17/11/2006
Tags:

Imaxin recibe a distinción "Premio á Mellor Aplicación TIC" pola súa participación no lanzamento de Opentrad, un tradutor de código aberto para galego, castelán, catalán e euskera.

O "Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais" recibirao a Consellería de Sanidade pola Rede S@úde. A empresa coruñesa LambdaStream é a gañadora da categoría "Mellor Iniciativa Empresarial". O conselleiro delegado de Televés, José Gabriel Barreiro, será nomeado socio de honra da AETG

Punto gal, a asociación que promove a creación do dominio galego na rede, fará tamén unha presentación en sociedade. Ademais, o directivo de Microsoft Ibérica, Francisco Monteverde, mostrará por primeira vez en Galiza o Windows Vista.

Está previsto que o nova sistema operativo da compañía norteamericana chegue ás tendas a finais de xaneiro de 2007. As novidades que se coñecen, polo de agora, inclúen maior seguridade e navegación en tres dimensións.

Xavier Alcalá, a empresa viguesa Optare Solutions, a CRTVG e o Porto de Celeiro foron algúns dos premiados o ano pasado. Vieiros recibiu o galardón "A Nosa Rede" en 2004 .


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: