O voceiro de Educación do PP no Congreso, Eugenio Nasarre, e a deputada galega María Xesús Saínz, presentaron este xoves unha proposición non de lei onde lle piden á Inspección Educativa que actúe para garantirlle ao profesorado galego "o dereito e liberdade dos profesores de lingua e literatura a elaborar programación didáctica en castelán". O PP asegura que en Galiza "marxínase o español" e poñen de exemplo o expediente disciplinario aberto a dous profesores dun instituto ferrolán por non redactaren en galego o programa das súas materias. Os populares insistiron en que existe unha presunta "ofensiva do nacionalismo" que "imitando o modelo catalán" estaría "acosando a lingua española" en Galiza.