Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS VECIÑOS DENUNCIAN QUE SE VULNERA A LEGALIDADE URBANÍSTICA

O Concello de Nigrán e a Deputación retoman un plan para asfaltar o espazo natural de Monteferro

O colectivo Salvemos Monteferro denuncia que o Concello de Nigrán e mais a Deputación de Pontevedra "reactivaron" un proxecto para asfaltar o emblemático monte que lambe o mar. A asociación reitera que a obra é ilegal porque vulnera as normas urbanísticas do municipio. Consideran unha provocación que se presente un plan moi parello ao anterior, logo de que case 10.000 veciños asinasen en contra e a mesma Xunta rexeitara as obras.

- 16:29 13/11/2006
Tags:

Segundo explican dende o colectivo de defensa do monte, as únicas variacións sobre o "enxendro orixinal" son a desaparición da rotonda no cruce e a eliminación do carril-bici na subida. Na zona alta de Monteferro o plan é o mesmo ca o anterior. O vía chegaría a ter 15 metros de largo na zona do monumento, onde hai tamén previsto un espazo para tres aparcadoiros de autobuses. Para isto, é preciso construír un valo de contención, de máis de 70 metros de longo, cunha varanda de principio a fin. O conxunto, ata agora un espazo natural, pasaría a verse urbanizado. No último proxecto mantense o asfaltado da pista forestal de baixada, incluíndo un carril para aparcar ao longo de todo o seu trazado.


0/5 (0 votos)